Obradoiros de 'batchcooking'

Queres comer de forma máis saudable, aforrar tempo na cociña e incorporar produto pesqueiro á túa dieta? Aprende cos mellores profesionais a organizar sesións de cociñado para toda a semana, receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sen perder sabor nin propiedades, claves para saber que especies conservan mellor na neveira ou no conxelador, e trucos para reducir o desperdicio alimentario.

Datas dispoñibles:

Lugar Datas
Burela Martes 29 e mércores 30 de setembro
PRAZAS ESGOTADAS
Sada Martes 22 e mércores 23 de setembro
PRAZAS ESGOTADAS
Imaxe da campaña

Pesca saúde nos establecementos de restauración.

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro colaboran cos establecementos de restauración dando apoio e asesoramento para a creación de menús saudables con produtos do mar.

Recursos prácticos

O proxecto

Pesca Saúde é un proxecto de cooperación promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). Alíase coa Estratexia Galega de Saúde Comunitaria 2023-2027 no seu compromiso para o fortalecemento da saúde da poboación e conta co apoio da Dirección Xeral de Saúde Pública (Subdirección Xeral de Estilos de Vida Saudables) da Consellaría de Sanidade.

Máis información: